No Contomar desta semana, coñeceremos o avó de Zulaimar

No Contomar deste luns, 1 de febreiro, coñeceremos, entre outras, a historia de O avó de Zulaimar e falaremos de emocións co conto Así es mi corazón. A cita é ás 18:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar.
Na sesión da semana pasada, Bea, Fátima, Beti e Mar leron “As manoplas de Carrapuchiña”, “Sementes de papel”, “Caramba” e “A montaña”, para os nenos e nenas que se achegaron ata a biblioteca. Estas son as imaxes dese luns.