Nova sesión con Paula Carballeira no Comando Le

Este próximo sábado 29 de xaneiro o Comando Le reúnese ás 20:00h no Centro Neural de Gondomar para participar nunha nova sesión do obradoiro de escrita coa actriz e escritora Paula Carballeira. Este obradoiro, do que xa se celebrara unha primeira sesión no mes de decembro, enmárcase dentro do proxecto europeo European teens as readers and creators in gender-positive narratives, no que o Comando Le colabora a través dunha proposta da Universidade de Vigo. O proxecto ten como obxectivos elaborar unha bibliografía europea de libros para adolescentes que traten o tema da igualdade de xénero e organizar encontros con grupos de mozos e mozas para desenvolver actividades de concienciación sobre a igualdade, entre elas un concurso de relato curto no que van participar os comandoleiros e comandoleiras. Nunha segunda fase, os relatos gañadores traduciranse ás linguas de todos os países que forman parte do proxecto e adaptaranse en diferentes formatos artísticos, visuais e multimedia.

Deixamos a continuación as imaxes da sesión de decembro, na que se celebrou a primeira parte do obradoiro con Paula Carballeira:

Comando Le 18.12.21