Nova sesión do Contomar este luns 4 de abril

O próximo luns 4 de abril, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos na Biblioteca Municipal de Gondomar.

Pregamos que, por favor, acuda unha única persoa adulta por unidade familiar, a excepción das contadoras e contadores que poderán acudir dous por unidade.

Na sesión anterior contamos:
A horta de Simón (Kalandraka).
O incrible neno devorador de libros (Patas de peixe).
Chocolata (OQO editora).
A lenda da touba do Brión.

Deixámosvos a continuación algunhas imaxes dese día:
Contomar 28.03.22