Nova xuntanza do Comando Le arredor do tema “poesía e música”

Este próximo sábado 8 de marzo haberá unha nova xuntanza do Comando Le de Espazo Lectura que xirará arredor do tema deste cuadrimestre: Poesía e música. Nesta ocasión serán os propios rapaces e rapazas os que traerán propostas, individuais ou en grupo, para compartir cos demais. Dámoslle continuidade así á proposta que lles fixemos na sesión anterior de achegarnos a versións de poemas realizadas por diferentes músicos en diferentes estilos. Igual que na sesión anterior, ademais de compartir música e poesía, compartiremos tamén cea e conversa, desde as 20:30h ata as 24:00h na Casa da Lectura.

Hai un mes tivemos o primeiro encontro da tempada, estas son as imaxes dese día: