Novo encontro de Contos en Cueiros

O próximo venres 12 de abril Espazo Lectura convoca, na Casa da Lectura, un novo encontro de Contos en Cueiros, actividade destinada a bebés de 0 a 3 anos.

Nesta ocasión, preparamos unha sesión de contos e ladaíñas sobre animais. Faranse dous pases, un ás 17:30 e outro ás 18:30 horas.

Inscrición
Dado o espazo de que dispoñemos na Casa da Lectura, para participar será necesario inscribirse (no correo electrónico espazolectura@espazolectura.org), e indicar a cal dos dous pases se prefire ir. A entrada, polo tanto, será gratuíta mais o aforo é limitado, polo que en último caso se asignará quenda por rigorosa orde de inscrición.

contos_en_cueiros_abril_2013