O Comando Le fala de “Cartas de inverno” e descubre o misterio do Castro da Pena Moura

O sábado 23 de febreiro, os membros do Comando Le quedamos na Casa da Lectura para falar de Cartas de inverno, tanto da novela de Agustín Fernández Paz como do cómic de Antonio Seijas; logo xantamos todos xuntos alí e despois vimos as fotos que presentaron os rapaces/as ao concurso de fotografía que se convocou (que se poden ver no seguinte vídeo; nos próximos días se elixirá a fotografía gañadora).

Finalmente subimos ao castro da Pedra Moura e fixemos un xogo de pistas no que se tiñan que ir resolvendo uns enigmas agochados e contestando unhas preguntas para gañar un tesouro: o 1º capítulo do conto “A serpe de pedra”, de Agustín, que lemos alí entre todos. Ao rematar o xogo, Paulo del Río deu unha pequena e amena charla sobre os castros e sobre as lendas de mouras.

Aquí se poden ver as fotos: