O Conservatorio Elemental de Música de Gondomar inaugura o curso cun concerto de Cuarteto Caramuxo

O concerto terá lugar o mércores, 28 de setembro, ás 20:00 horas no Auditorio Lois Tobío.
O Conservatorio de Gondomar e Espazo Lectura comezaron a colaborar o ano pasado na sesión Contos musicados que se desenvolveu no mes de maio na Casa da Lectura e á que asistiron máis de cen persoas. Este ano pretendemos continuar e profundar esta relación.