O escritor Xabier Quiroga inaugura a tempada do club Sete Vidas, que pasa a celebrarse os xoves

Esta semana comezamos nova tempada no club de lectura de narrativa Sete vidas, e temos unha novidade importante que comunicar: o día de reunión do noso club pasa do primeiro martes de mes ao primeiro xoves. Daquela, o Sete Vidas arrancará o xoves 6 de outubro; coma sempre, na Biblioteca Municipal de Gondomar a partir das 20:00 h.
E comezamos cunha novela sólida, contundente e polifónica que aborda con moitos matices, lirismo e retranca o presente e o pasado a partir da desaparición-“rapto” dun vello dun asilo. Unha “road movie” de dous homes que nos reconstrúen, cunha dosificación moi eficaz por parte do autor, a súa memoria, o seu pasado, que choca de maneira brutal cun presente con outros ritmos e ruindades.
Trátase de Zapatillas rotas (Edicións Xerais) do escritor Xabier Quiroga, Premio da Crítica do ano 2015. Contaremos coa presenza do autor a partir das 21:00 h.
zapatillasrotas