O Lecturas Debuxadas visita a escola de banda deseñada “O Garaxe Hermético”

A sesión do Club Lecturas Debuxadas de decembro cambia de día e de lugar habituais. Para pechar o ano, os membros do club (e todas aquelas persoas que desexen acompañalos) visitarán, o VENRES 19 de decembro ás 20:30h, a Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración o Garaxe Hermético, fundada polo islustrador Kiko Dasilva. A escola naceu para formar de maneira profesional a autores de BD e ilustradores. As clases están impartidas por Profesionais da BD e a ilustración en activo, cunha ampla e recoñecida experiencia no sector.

O enderezo de O Garaxe Hermético é Rúa Álvaro Cunqueiro, nº 4, baixo. 36002, PONTEVEDRA. Pódese ver cómo chegar aquí.
Estas son algunhas fotos da sesión do mes novembro.