O meu sangue, no Sete Vidas

O próximo mércores 30 de novembro o Sete Vidas celebrará a última sesión do ano. Falaremos da novela O meu sangue, do escritor porriñés Diego Giráldez (Ed. Galaxia).

Diego Giráldez

O meu sangue é unha intriga que nos arrastra ao particular descenso aos infernos do protagonista. Para David Ledesma, que soña con ser un escritor de éxito de novela negra, un disparo ridículo nunha perna é o colofón da súa vida con Belén e o comezo dunha relación tráxica con María. A partir de aquí, o protagonista mergúllase nunha trama onde a violencia, a maldade e o amor entretecen un relato de vinganza.

Será ás 20:00 h na Biblioteca Municipal de Gondomar.

Contaremos coa presenza do autor.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *