«O nacemento do dragón» na Casa da Lectura

Na sesión de dinamización lectora deste mércores, 18 de marzo, imos coñecer un chisquiño da cultura chinesaa través do conto O nacemento do dragrón (Kalandraka): a arte da caligrafía, as diferentes formas de escritura, os aparellos que utilizan… e ata uns poucos ideogramas. A actividade comeza ás 18:00 horas na Casa da Lectura, e media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.

A semana pasada, imitamos a Maruxa despois de ler o seu conto e amasamos un boliño de pan que levamos para casa para meter no forno. Pero tamén degustamos distintos tipos de pan. Estas son as imaxes dese día.