O Premio Blanco Amor 2014, no Sete Vidas de decembro

O martes 1 de decembro, o club de lectura Sete vidas despide o ano 2015 falando arredor da novela Cabalos e lobos, a primeira e exitosa novela do periodista Fran P. Lorenzo. Un texto que nos sitúa no escenario de Vigo para desentrañar unha rede de mentiras e silencios protagonizada polos membros dunha familia de empresarios alemáns asentados nesta cidade a finais da 1ª Guerra Mundial.

Fran P. Lorenzo participará na conversa
A sesión comeza ás 20:00h na Biblioteca de Gondomar, e unha hora máis tarde, o propio autor estará na Biblioteca de Gondomar para conversar arredor da súa obra cos lectores e lectoras que queiran achegarse.
XG00070101

 

No mes de novembro, o Sete Vidas estivo dedicado a comentar a novela O cuarto de invitados de Helen Garner. Estas son as imaxes dese día.