Asemblea Xeral Ordinaria de Espazo Lectura

Espazo Lectura convoca a todos os socios e socias á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebra este sábado, 14 de marzo de 2015, na Casa da Lectura (Nogueira, 8, Donas-Gondomar), ás 11:30, en primeira convocatoria, e ás 12:00, en segunda convocatoria, con acordo á seguinte:

ORDE DO DÍA:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2.- Aprobación de baixas e novas altas.
3.- Presentación de actividades.
4.- Memoria económica de 2014.
5.- Proposta de actividades e orzamento para o ano 2015.
6.- Varios.
7.- Rogos e preguntas.

DÍA: Sábado, 14 de marzo de 2015
HORA:
11:30 horas, en primeira convocatoria, e 12:00 horas, en segunda convocatoria.
LUGAR:
Casa da Lectura. Nogueira, 8 (Donas). 36388 Gondomar.