O Sete Vidas celebra a sesión número 100 comentando a novela «Vivir na fin do mundo», de Christina Lilliestierna

O xoves 12 de decembro o club de lectura Sete Vidas celebra a súa sesión número 100 con «Vivir na fin do mundo», de Christina Lilliestierna (Ed. Rinoceronte). Serás ás 20:00 na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas). «Vivir na fin do mundo» narra as experiencias da autora cando se instala en Galicia coa súa familia nos anos 70. Falaremos da obra coa tradutora Marta Dahlgren.

O pasado 14 de novembro reunímonos na Casa da Lectura os clubs Sete vidas e Daquelas que Len, para comentar «O conto da criada», unha narración de ciencia ficción distópica cun gran trasfondo feminista, escrita nos 80.
En 1984, nos EEUU, unha praga de infertilidade asola a humanidade. Esta ocasión é aproveitada para establecer unha revolución relixiosa e conservadora, a República de Gilead, na que os dereitos humanos son practicamente erradicados, especialmente os da muller. Como solución á crise da infertilidade, as mulleres fértiles son sometidas á procreación para os matrimonios da clase alta mediante violacións (denominadas cerimonias). Este novo réxime emprega como xustificación do seu modus operandi a Biblia.

Estas son algunhas imaxes desa sesión:

Sete Vidas 14/11/2019