Os contos de Pavís Pavós inauguran a Semana do Libro e a Lectura no Contomar

A Semana do Libro e a Lectura 2013 comezará este luns, 22 de abril, cunha sesión especial do Contomar a cargo do grupo Pavís Pavós e o seu espectáculo Tres contos e pico. Será na Biblioteca de Gondomar a partir das 18:00 horas.

Pavís Pavós centra o seu traballo na recuperación do xeito tradicional de contar contos, na investigación e recuperación das formas orixinais dos contos clásicos. Tamén inclúe nos seus espectáculos contos de nova creación e con formatos contemporáneos. Traballa desde 1996 en bibliotecas, colexios, asociacións, feiras do libro… con sesións de contos e obradoiros de animación á lectura para nenos, nenas e tamén para pais e nais. É membro da Rede Internacional de Contacontos.

Estas imaxes son do Contomar do luns pasado, 15 de abril.