Os luns, Contomar

O luns 13 de abril retómanse as sesións do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar. Leremos, entre outros, os contos Tío Lobo e Os medos de Fiz. A cita é ás 18:00 horas.

A sesión do 23 de marzo estiveron con nós 33 nenos que viñeron escoitar as historias de “Pequeno azul e pequeno amarelo”, “Queres contar comigo?”, “Cocorico”, “O señor corpo quere xogar” e “De cores e de amores”. Tamén celebramos, con conto, canción de parabéns e marcapáxinas de agasallo, o cumprecontos de Mar, unha das coordinadoras do Contomar. Estas son as imaxes dese día.