“Pagando por ello” un cómic polémico para o Lecturas Debuxadas deste mes

O martes 19 de marzo reúnese o club de cómic Lecturas Debuxadas para comentar a lectura deste mes: Pagando por ello. Memorias en cómic de un putero (La Cúpula, 2012), do debuxante canadiano Cherter Brown. Pagando por ello trata xustamente do que parece: é un relato autobiográfico das experiencias de Brown como cliente asiduo de prostitutas durante varios anos. Un libro polémico para abordar dende a novela gráfica o controvertido debate da prostitución. A sesión comeza ás 20:00 horas na Biblioteca de Gondomar.

pagando-por-ello

No encontro de febreiro contamos coa presenza do autor Mariano Casas, velaí as fotos dese día.