Paxaros e peixes na Casa da Lectura

A sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura deste mércores 5 de novembro xirará arredor dos paxaros e dos peixes. A partir dos contos Pilú, pilú e Nadarín, veremos se somos capaces de crear peixes e paxaros que voen. A sesión comezará, coma sempre, ás 18:00h, pero a Casa da Lectura estará aberta xa desde as 17:30h para atender o servizo de préstamo.

Estas son algunhas fotos da sesión da semana pasada.