Piñata de contos e bolboretas na Casa da Lectura

Este próximo mércores 13 de abril a Casa da Lectura acollerá unha sesión de dinamización lectora arredor de contos que falan de bolboretas: Rita, Oso Atrapabolboretas, A viaxe das bolboretas ou A mazá e a bolboreta. Na segunda parte da sesión, coa axuda dunha piñata moi especial, poderemos descubrir un poema de Antonio García Teijeiro e enchelo de bolboretas… e dalgunhas larpeiradas! A sesión comezará ás 18:00h, pero a Casa da Lectura estará aberta xa desde as 17:30h para atender o servizo de préstamo.

Na sesión do mércores pasado tivemos unha divertida e emocionante sesión que correu a cargo dun grupo de comandoleiras comandadas por Cris, unha das coordinadoras do club de lectura para mozos e mozas de Espazo Lectura. Durante a sesión mergulláronnos nas profundidades mariñas axudadas por un fondo audiovisual e leron por parellas varios contos sobre o mar. Para finalizar propuxéronlles aos 21 nenos e nenas que se achegaron á Casa da Lectura a pescar en equipos. Estas son as imaxes dese día.