Presentación da nova tempada de Contos en Cueiros

En Espazo Lectura comezamos unha nova tempada de Contos en Cueiros, a actividade de achegamento aos libros e á lectura para bebés de 0 a 3 anos e as súas familias.
Queremos convidar ás nais, pais, educadores e público interesado a unha sesión de presentación da tempada 2015-2016 na cal tentaremos falar entre todos e todas sobre como iniciar na lectura dende o nacemento, con consellos e recursos para levalo a cabo. Ademais, presentarémosvos os contos e materiais de 0 a 3 anos dispoñibles para préstamo na biblioteca da Casa da Lectura.

Esta sesión vai dirixida a público adulto, polo que aconsellamos vir sen os nenos e nenas. Así mesmo, está dirixida tanto ás nais e pais que se acheguen á actividade por primeira vez, como aos que xa formades parte da familia Contos en Cueiros.

Agardámosvos o venres 23 de outubro, ás 18:00h, na Casa da Lectura (Nogueiras, 8, Donas).