Presentación da novela “A galera de Xelmírez”, en Gondomar

A libraría LIBRAIDA de Gondomar acolle a presentación do libro “A galera de Xelmírez” (Edicións Xerais) do escritor Xabier Paz, que estará presente. O acto celebrarase o xoves 21 de abril ás 20:30 horas na libraría, e estará presentado por Antón García.