Profesorado do CEIP Humberto Juanes visita o Contomar

O luns 27 de abril o Contomar recibirá a visita dun grupo de profes do CEIP Humberto Juanes de Nigrán, socio protector de Espazo Lectura, que teñen preparada unha sesión especial para os nenos e nenas que nos queiran acompañar na Biblioteca de Gondomar. O Contomar comeza ás 18:00 horas e está destinados a nenos a partir de 3 anos acompañados das súas familias.

Na sesión do luns pasado quixemos celebrar a proximidade do Día do Libro con contos e música. Con arredor de cincuenta cativos e cativas, escoitamos os contos Paco PapánMariluz avestruzLoboferoz e cadansúas cancións, recollidas no libro-cd Contos en Cantos de Almudena Janeiro. Velaí as imaxes dese día.