Quentin Blake, protagonista na Casa da Lectura

Este mércores, 9 de novembro, a sesión de dinamización lectora semanal da Casa da Lectura estará centrada en dous contos clásicos de Quentin Blake. Recibiremos a visita de Mister Magnolia, que virá acompañado da súa boa amiga, Loreto. Con ela iniciaremos a busca para atopar unha bota para Mister Magnolia. Para finalizar, faremos as nosas propias botas con papiroflexia.
A sesión comeza ás 18:00 e desde media hora antes aténdese o servizo de préstamo.

A semana pasada a protagonista foi a arte e a pintura, concretamente a pintura de Matisse. Pódense ver as imaxes dese día picando aquí.