Seguídenos ao Contomar

No Contomar do luns 26 de xaneiro leremos, entre outros, as historias Sígueme, A que sabe a lúa e Chocolata. Seguídenos ata a Biblioteca Municipal de Gondomar, o Contomar comeza ás 18:00 horas.

Na sesión da semana pasada estivemos acompañados de medio cento de nenos e nenas que viñan con moita gana de desfrutar dos contos. Ademais, celebramos dous cumprecontos, o de Edgar e o de Teo. As historias que se leron foron Maxia, Unha feliz catástrofe, Imos cazar un oso e Olivia en Venecia. Estas son as imaxes.