“Sementes de papel” na Casa da Lectura

Na sesión de dinamización lectora deste mércores, 14 de maio, na Casa da Lectura van agromar as Sementes de papel e todo se encherá de flores. A sesión comeza ás 18:00h e media hora antes atenderase o servizo de préstamo bibliotecario.

 Estas son as imaxes da sesión anterior, dedicada ás bolboretas.