Sesión de ciencia, tecnoloxía e lectura no Comando Le

Este próximo sábado 15 de decembro o Comando Le vai celebrar unha sesión que permitirá un achegamento ao ámbito científico das telecomunicacións da man de Andrés Pérez, quen compartirá cos comandoleiros e comandoleiras a súa experiencia como radioafeccionado. Na segunda parte da sesión, cada un dos rapaces e rapazas fará unha intervención para recomendarlles aos demais un libro que eles mesmos seleccionaron previamente de entre as súas preferencias literarias. A sesión comezará, como é habitual, ás 20:00h e rematará ás 00:00h, cunha pausa para cearen todos xuntos.

Deixámosvos a continuación as imaxes da sesión de novembro, na que contamos coa visita da escritora Iria Misa para falar da súa novela Segredos no Solpor, proposta que se complementou logo cun divertido xogo de pistas na biblioteca da Casa da Lectura:

Comando Le 24/11/2018