Sesión de contos bilingüe, inglés-galego, na Casa da Lectura

Este próximo mércores 29 de xaneiro a Casa da Lectura acollerá unha sesión bilingüe (inglés-galego) que nos vai achegar ao universo do escritor e ilustrador Oliver Jeffers da man de dous dos seus álbums infantís, O incrible neno devorador de libros e Perdido?, editados en galego por Patas de peixe. A sesión comezará, coma sempre, ás 18:00h, aínda que a Casa da Lectura estará aberta xa desde as 17:30h para atender o servizo de préstamo.

Na sesión do mércores pasado, dedicada á música dos afectos, tiramos as seguintes fotos.