Sesión de peche de tempada de Contos en Cueiros

O venres 1 de xuño celebraremos a xuntanza de peche de tempada Contos en Cueiros. Será na Casa da Lectura (Donas, Gondomar) a partir das 18:00 horas. Nesta ocasión, pasarémolo ben cos contos de «Caracol e caracola», da editorial Oqo.

Criterios de inscrición

Contamos cun aforo limitado a 15 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo a contosencueiros@gmail.com e facilitar:

– o nome do bebé
– o ano denacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2015 ou despois
– o nome da persoa adulta que o vai acompañar
– un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
– en caso de ser socios/as, o nome do socio/a

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición: MÉRCORES anterior á sesión ás 12:00 h do mediodía.