Sesión felina na Casa da Lectura

Se o luns os gatos foron os protagonistas no Contomar, tamén o serán na sesión de dinamización lectora deste mércores, 16 de marzo, na Casa da Lectura. A partir da lectura dos contos Se eu fose un gato, Un gato na árbore e O gato lambón, construiremos o noso propio gato-tragabolas lambón e, cun pouco de sorte, aínda quedará tempo para xogar. A sesión comeza ás 18:00 horas e media hora antes aténdese o servizo de préstamo.

Na sesión da semana pasada, a partir do conto O neno que tiña medo dos robots, de Miguel Vázquez Freire, coñecemos o mundo dos robots a través dos libros e da literatura, pero tamén a través das imaxes. Soubemos como son os robots, cal é o seu futuro, que cousas fan, as leis polas que se rexen… E no obradoiro puxemos a proba a capacidade artística para facer robots sobre o papel, dos nenos e nenas que acudiron á sesión. Estas son as imaxes dese día.