Etiqueta Contomar

O Contomar celebra o Día Mundial do Teatro

Este pasado luns, no Contomar, comezamos falando do Día Mundial da Poesía; lemos poemas de Ana María Fernández –a autora que estará connosco o vindeiro sábado na Biblioteca de Gondomar– e contamos a historia de Frederick, o rato poeta de…

Nais actrices e pais actores

Este luns, o Contomar, a actividade semanal de contacontos para nenos e nenas de 3 a 9 anos que organiza Espazo Lectura, celebrará o Día Mundial do Teatro coa escenificación do conto Loboferoz, de Patacrúa&Chené, publicado por OQO editora. Un…

Terceiro aniversario do Contomar

O 15 de febreiro de 2006 nacía o Contomar, as sesións de contacontos para nenos e nenas de 3 a 9 anos que cada semana seguen coa súa cita da man de Espazo Lectura na Biblioteca Municipal de Gondomar. Este…

Un Contomar cheo de ollos

O luns 22 de decembro Espazo Lectura celebrou a última sesión do Contomar deste ano 2008 que acaba de rematar. Baixo a mirada atenta do saco Paco e da saqueta Henriqueta, as nosas mascotas, os case 50 nenos e nenas…

Hoxe non hai Contomar

Hoxe luns non se celebrará a sesión semanal do Contomar por ser festivo. O Contomar, que está na cuarta tempada , segue a ser a actividade dorsal de Espazo Lectura e ás sesións está acudindo unha media de corenta nenos…

Un San Martiño de libros

Coa sesión semanal de contacontos do próximo luns, Espazo Lectura inicia un intenso programa de actividades de fomento da lectura que se desenvolverá ao longo de todo o mes de novembro baixo o lema «Polo San Martiño, libros ao camiño».…

O saco Paco e a saqueta Henriqueta

Hoxe teremos unha nova sesión do Contomar. O saco Paco e a saqueta Henriqueta, os dous novos personaxes que se incorporaron ao contacontos esta tempada (pódense ver ao fondo, na fotografía), volverán connosco e traerannos máis historias e aventuras. Os…

Volve o Contomar cheo de novidades!

Despois da sesión inaugural, na que nos acompañaron os ratos de biblioteca da compañía do Trinke Trinke, o Contomar retomou as sesións habituais de todos os luns na Biblioteca de Gondomar. Hoxe foi un día especial porque tiñamos moitas novidades.…

Os ratos que trouxeron contos

Máis de oitenta nenos recibiron onte en Gondomar os Ratos de Biblioteca, da Compañía Trinke Trinke, na sesión inaugural da nova tempada do Contomar, que comezou este luns. Os ratos ofrecéronnos unha divertida sesión de contacontos, coa biblioteca como protagonista,…

Este luns comeza o Contomar

O Contomar, que botou a andar no mes de febreiro de 2006, inicia unha nova tempada na que, ademais de manter as actividades de anos anteriores (contacontos, poemas, cancións, carnés con estrelas semanais, cumprecontos, etc.), introduciremos como novidade a presenza…