Tentamos apañar unha estrela, na Casa da Lectura

Lembrades aquel neno amigo dun pingüín? Aquel neno que estaba Perdido? Este mércores, 6 de abril, o personaxe de Oliver Jeffers volve á Casa da Lectura e ademais de dar unha volta polo espazo, tentará atrapar unha estrela. Se queredes axudarlle vémonos alí o mércores ás 18:00 e, se queredes facer uso do servizo de préstamo bibliotecario, estamos alí dende as 17:30 horas.

O mércores pasado, a Casa da Lectura acolleu unha divertidísima sesión de contos escatolóxicos. Sentimos noxo, tivemos gana de facer pis, adiviñamos de quen eran as cacas coas que se foi atopando a toupiña e levamos unha caca para a nosa casa!! As fotos da sesión pódense ver nesta ligazón: https://goo.gl/photos/LsijsECqwPU1Qfgd7