O sábado 30 de maio o Club de lectura compartida Lendo Contigo despide a tempada cunha conexión online no seu horario habitual na que falaremos sobre os libros lidos nos últimos meses, xogaremos coas palabras e celebraremos que continuamos medrando coa lectura.
Vémonos pronto!

No mes de abril celebramos a sesión lecturas compartidas confinadas. Conectámonos no horario habitual de comezo da sesión e conversamos sobre as lecturas que están facendo ou fixeron nestes días, da súa xenial participación LeTuber, e compartimos algunhas propostas que lles fomos enviando durante a semana (sudoku, sopa de letras, labirinto,…). Tamén descubrimos que os nenos e nenas do Lendo Contigo e as súas familias son grandes poetas confinados!
Deixámosvos aquí algunhas imaxes desta sesión:
Lendo Contigo, 2020/04/25