Universo, no Club Lecturas Debuxadas

Mañá, 7 de abril, terá lugar a sesión do Club Lecturas Debuxadas onde se comentará o cómic Universo, de Albert Monteys. 5 historias de ciencia ficción independentes publicadas en primeiro lugar na plataforma Panel Syndicate, e que foi nominada aos premios Eisner 2017 na categoría de mellor cómic dixital.

A sesión será ás 20:00h en casa.

O 18 de Febreiro, o Club Lecturas Debuxadas xuntouse para falar e dar as nosas impresións sobre “La casa de la playa”, de Severine Vidal e Victor L. Pinel. Esta e a primeira obra destes autores publicada no noso país, e forma parte do interesante catálogo da editorial Nuevo Nueve.

A casa do título e unha casa nunha pequena vila costeira, unha vila de vacacións no que as vidas dos protagonistas se cruzan polo azar de compartir a casa ao longo do tempo.

E un relato feito de sentimentos , sen grandes aventuras nin feitos heroicos, que apela as pequenas grandes cousas da vida: as relación familiares, as perdas, o amor… Hai unha melancolía sempre presente, axudada polo ritmo narrativo, pola ambientación e o axeitado uso do color. O debuxo é tamén efectivo, incluso máis efectivo que persoal. Non podemos deixar de lembrar e falar un pouco da estupenda “La Casa”, de Paco Roca, coa que ten en común o feito de situar un lugar como escusa para tratar sentimentos, emocións e relacións persoais.

Fotos dese día: Club Lecturas Debuxadas 18/02/2020