Ven celebrar con nós o décimo aniversario de Espazo Lectura

Espazo Lectura cumpre dez anos como asociación e queremos celebralo con todas as persoas que se sintan próximas a este proxecto. Se desexades acompañarnos, debedes inscribirvos no correo electrónico de Espazo Lectura (espazolectura@gmail.com).
O acto, cuxo programa se pode ver na tarxeta de convite, terá lugar o sábado 14 de abril, a partir das 18:30, no Pazo da Escola (Barrio da Moreira, 10; 36388 Mañufe-Gondomar). A primeira parte do programa é para todos os públicos, así que os nenos e nenas son benvidas.
O custo da merenda-cea corre a cargo das persoas asistentes e as indicacións dos prezos e pagamento daranse no momento en que se reciba o correo de inscrición.
Agardamos vervos!