VIII Dar de ler coma quen dá de beber

Por oitavo ano consecutivo, Espazo Lectura celebra o Dar de ler coma quen dá de beber con motivo do Día Internacional do Libro e, desta volta, faino o domingo, día 26, en sesión vermú (entre as 12:00 e as 14:00h), no café Keik de Gondomar, que nos acolle por segunda vez neste encontro anual.

Coma todos os anos, o acto consistirá na lectura dos textos elixidos polas persoas participantes, para ofrecelos, para recomendalos, para dalos a coñecer, para revisitalos ou gozar de novo desas lecturas que son coma a seiva para as plantas: unha bebida imprescindible.