Volve o Comando Le

Este próximo sábado 22 de outubro, de 20:00h a 22:00h, a Biblioteca Municipal de Gondomar acollerá a primeira sesión da tempada do Comando Le, o grupo de activismo cultural que Espazo Lectura organiza para rapaces e rapazas de máis de 12 anos. Esta primeira sesión permitiranos facer unha presentación da actividade para as persoas que asistan por primeira vez, ao tempo que servirá como reencontro das persoas que xa participaban en tempadas anteriores. Se tes máis de 12 anos e queres reflexionar e achegarte a diferentes temas, con outra xente da túa idade, a través da conversa, do cine, das excursións, das charlas e obradoiros con escritoras e escritores e, por suposto, dos libros e a lectura, anímate a vir este sábado ás 20:00h á Biblioteca Municipal de Gondomar.

Para ir abrindo boca, deixámosvos a continuación as imaxes da sesión coa que pechamos a tempada anterior: unha excursión a Santiago que nos permitiu visitar a Biblioteca Pública Ánxel Casal, realizar unha actividade no Museo do Pobo Galega, participar nun xogo de pistas literarias e culturais pola cidade e asistir á representación teatral da obra “A farsa das zocas” de Carvalho Calero:

Comando Le 21.05.22

administrador
administrador
Artigos: 9