Xogamos co corpo en Contos en Cueiros

O venres 23 de febreiro celebraremos unha nova xuntanza de Contos en Cueiros. Será na Casa da Lectura (Donas, Gondomar) a partir das 18:00 horas. Leremos contos sobre o corpo humano e xogaremos coas partes do noso corpo.

Criterios de inscrición

Contamos cun aforo limitado a 15 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo a contosencueiros@gmail.com e facilitar:

  • – o nome do bebé
    – o ano denacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2015 ou despois
    – o nome da persoa adulta que o vai acompañar
    – un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
    – en caso de ser socios/as, o nome do socio/a

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición: MÉRCORES anterior á sesión ás 12:00 h do mediodía.

No mes de xaneiro celebramos a primeira sesión do ano: “Contos, bicos e aloumiños”. Nela, presentamos os materiais para bebés e familias das mochilas viaxeiras, que cada mes levará unha familia para a súa casa. A sesión propiamente dita comezou cunha proxección en imaxes do poema “A Casa” de “O libro dos bicos” (Edicións Embora). Logo, fixemos unha adaptación do conto “Un bico para osiño”, de Kalandraka, na cal os bebés participaron nunha cadea de bicos entre os peluches que lles entregamos. O último conto foi “De que cor é un bico?”, de Algar editorial, e descubrimos que os bicos son multicolores. Rematamos, como non podía ser doutra maneira, bailando e cantando “Un bico porque si”, a canción da Banda dos Cueiros.

Aquí pódense ver as fotos da sesión:

Contos en Cueiros, 2018/01/26