“As Ramonas” é unha historia de mulleres protagonizada por Mona Otero, unha artista que está a atravesar unha crise persoal e profesional, cando perde o carnet de conducir e pasa a depender doutras persoas para trasladarse.
O pasado día 4 de maio xuntámonos os membros do Sete Vidas, na Casa da Lectura, arredor do texto teatral “Eroski Paraíso” da compañía Chévere, editado por Kalandraka.
Nesta ocasión o noso convidado Xesús Ron, director da obra e cofundador de Chévere, acompañounos durante toda a sesión e con el tratamos moitos e interesantes temas: a obra, o teatro galego ou a extensa e fructífera carreira da súa compañía, que leva máis de 30 anos como compañía independente , e recibiu o Premio Nacional de Teatro en 2014.
“Eroski Paraíso” percorreu todo o estado agás Cataluña e Canarias, con máis de 50 funcións fóra de Galicia. Partindo do local, esta obra abrangue conceptos universais como a memoria colectiva, a transformación da sociedade, a emigración e a identidade.
Estas son as fotos da sesión: