Daquelas que len, este martes no Centro Neural

O próximo martes 1 de decembro teremos a nosa sesión do Daquelas que len, con Mulleres que (nos) dan que pensar, de África López Souto e editado pola Editorial Galaxia. Un libro que se une aos esforzos por recuperar o lugar das mulleres na historia e na sociedade, invisibilizadas e relegadas, non so daquelas máis coñecidas se non tamén das máis cercanas. Contaremos coa presenza da autora para reflexionar sobre o seu traballo.

Para cumprir coas medidas tomadas pola xunta na orde do 14 de outubro temos que limitar a asistencia ata un aforo máximo de 15 persoas, polo que se abre un período de tempo para apuntarse ao Daquelas que len deste próximo día 1, onde se atenderá de maneira rigorosa á orde de inscrición, tendo prioridade aos socios e socias de Espazo Lectura.

O período de inscrición rematará o luns 30 de decembro, ás 18.00h, e ese mesmo día notificarase aos participantes a súa asistencia.

Para inscribirse hai que enviar un correo a daquelasquelen@gmail.com indicando o nome completo.

A reunión será no Centro Neural de Gondomar ás 18.30h, e haberá que acudir con máscara e manter as distancias de seguridade.