Mes Febreiro 2026

Avatares no Comando Le de febreiro

Este vindeiro sábado 28 de febreiro, ás 20:00h, os mozos e mozas do Comando Le teñen un novo encontro na Casa da Lectura. Será a última das sesións do G-BOOK3: European teens as Readers and Creators in Gender_positive Narratives” por esta tempada.…

Contomar, este luns 23 de febreiro

O próximo luns 23 de febreiro, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior celebramos o 20 aniversario do Contomar e contamos:– A casa…

“Sarela” no Daquelas que Len

O vindeiro sábado 21 de febreiro o club Daquelas que Len xuntarémonos para comentar a obra Sarela, de Marga Tojo, galardoada co Premio SELIC de creación literaria 2024 (Edicións Positivas). Trátase de unha novela negra inconformista e rebelde, ambientada en Santiago de Compostela e que aborda temas como a perspectiva de xénero, as diferencias de clase, a diversidade afectivo-sexual, o negocio da prostitución, a praga da desinformación, os padróns da violencia sexual ou a precariedade laboral, ao tempo que relata feitos da historia local. Sinopse: Unha xornalista de volta en Compostela, un trompetista, o cadáver dunha muller no río Sarela, unha forense que foi psiquiatra, unha aparición, unha compañeira, un amor, moito desexo, demasiadas superviventes, inxustizas, unha trama de corrupción e de violencia sexual, xogos de poder, un feixe de homes necios e varios fíos dos que tirar… Terá lugar ás 12:00 h na Casa da Lectura (Donas) e contaremos coa presenza da autora.

Palabras que apagan conflitos

Este mércores na Casa da Lectura descubriremos a través dos contos Por que?, Un cadro de Picasso e La maleta que as mellores ferramentas para solucionar os conflitos son o diálogo e a conversa. A biblioteca da Casa da Lectura estará aberta de 17:30h…

O Contomar celebra 20 anos de contos compartidos

Este luns 9 de febreiro, ás 18:00 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Gondomar acollerá unha sesión moi especial do Contomar, coa que celebraremos os 20 anos do seu nacemento. O Contomar é unha actividade de contacontos en lingua galega que se constitúe como a actividade fundacional de Espazo Lectura. Desde…