O mércores 27 de abril arredor de 450 nenos e nenas de nove colexios do Val Miñor asistirán á representación do espectáculo Rosa Caramelo, de Talía Teatro, no auditorio Lois Tobío de Gondomar, dentro da programación da IX Semana do Libro e a Lectura. Ademais, ás 12:00 horas realizarán un encontro no parque da Coelleira no que cantarán xuntos un poema de Manuel María, autor homenaxeado do día das Letras Galegas deste ano 2016.
Esta é unha actividade anual que a asociación Espazo Lectura, coa colaboración do Concello de Gondomar, lles ofrece aos centros socio-protectores en agradecemento ao seu apoio e axuda durante todo o ano.