Este xoves 12 de novembro 450 nenos e nenas de nove colexios do Val Miñor vanse achegar a Gondomar para asistir a dúas actividades organizadas por Espazo Lectura coa colaboración do Concello de Gondomar: un contacontos a cargo da actriz e contadora Raquel Queizás na biblioteca municipal e un concerto do grupo Mamá Cabra no auditorio Lois Tobío. Estas dúas actividades enmárcanse nunha xornada de achegamento á biblioteca municipal e de fomento da lectura que Espazo Lectura organiza desde hai varios anos coa colaboración do Concello de Gondomar.
A biblioteca municipal acollerá ao longo da mañá do xoves 12 tres pases do espectáculo de contos “A maleta da avoa”, a cargo da actriz e contadora Raquel Queizás. Ademais, no auditorio municipal haberá dous pases dun concerto do grupo de música infantil Mamá Cabra, que este ano celebra o seu 15º aniversario. Os 450 nenos e nenas aistirán ás dúas actividades, organizados en quendas que lles permitirán tamén gozar dunha mañá de lecer e convivencia no espazo do Parque da Coelleira.
[…] ilustrado de #insectos" en castellano, galego y català #naturaleza #novedades https… 450 nenos e nenas participan este xoves nun contacontos e nun concerto en Gondomar | Espazo lectura. Podedes atopala aquí no Twitter (@osegrel), en Facebook, en Youtube, e no seu marabilloso […]