A balada dos unicornios de Ledicia Costas no Comando Le deste trimestre

Este vindeiro sábado 24 de outubro, ás 20:00h, os mozos e mozas do Comando Le teñen un novo encontro na Casa da Lectura. Será a primeira das sesións do G-BOOK3 desta segunda tempada do programa: “European teens as Readers and Creators in Gender_positive Narratives”

Comezaremos cunha sesión dedicada a diseñar as dúas piezas audiovisuais sobre o libro de Ledicia Costas “A balada dos unicornios”. Traballaremos para elaborar unha guía crativa, storyboard e plan de rodaxe. Esta sesión será dirixida, igual que o resto das sesións deste bloque, por Sabela Salgueiro (Traballadora Social, especializada en Saúde, Sexualidade e Xénero).

Á sesión anterior do Comando Le adiantouse ao mes de setembro para poder cuadrar os nosos compromisos co G-BOOK-3, acudiron 11 rapaces e rapazas con novas incorporacións e moitas faltas por tratarse dun adianto na programación. Foi unha sesión de acollida e coñecérmonos. Fixemos varias dinámicas e tamén explicamos en que consiste a actividade e algunhas cousas das que fixemos na tempada pasada. Presentamos G-BOOK-3 e algúns apuntamentos sobre a tempada que comeza. Tamén presentamos a posibilidade de crear equipos que vaian contar contos ás sesións dos mércores da Casa da Lectura ao longo desta tempada. En definitiva, xa está en marcha o Comando Le 26-27.

Vémonos na Casa da Lectura o sábado 24 de outubro!

ANILIJ Investigación – Instagram

ANILIJ Investigación – Facebook

Facultade Filoloxia e Tradución

Sabela Salgueiro – Instagram

Kidcode Academy

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *