“A Casa da Duna” agarda por nós nos Mércores da Casa da Lectura

Este mércores 27 de novembro percorreremos unha extensa duna de fina area, na que atoparemos un faro, unha casa, un gato, gaivotas, incribles ondas e unhas nenas moi, moi especiais.

Agardámosvos este mércores ás 18h na Casa da Lectura!

Lembrade que, como cada mércores, a biblioteca estará aberta de 17:30 a 18:00h para o empréstito de libros.

Na sesión anterior Bea tivo unhas visitas moi singulares e un tanto arrepiantes e ao rematar os contos, ensiounos a facer o noso propio monstro de cinco ollos. Podedes ver as imaxes na seguinte ligazón:

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *