Este mércores, 21 de xaneiro, na Casa da Lectura viaxaremos, a través dos contos, ao mundo máxico do circo, un lugar cheo de risas e equilibrios imposibles.
Acróbatas, pallasos e malabaristas axudaranos a descubrir a ilusión, a creatividade e o poder da imaxinación.
Lembra que a Casa da Lectura permanecerá aberta de 17:30h a 18:00h para o servizo de préstamo.
A semana pasada Beti achegounos a un universo de puntos a través de contos e artistas femininas como Louise Bourgeois, Hilma Klint, Maruja Mallo e Yayoi Kusama. Aquí vos deixamos as imaxes da sesión:





