Este mércores 7 de maio na Casa da Lectura teremos unha sesión chea de bolboretas.
Grazas aos contos Rita de Rachel Chaundler e Bernardo Carvalho, Oso Atrapabolboretas de Susanna Isern e Marjorie Pourchet e Unha eiruga moi larpeira de Eric Carle, Concha nos levará ao mundo das bolboretas.
Lembrade que, como cada mércores, a biblioteca estará aberta de 17:30 a 18:00h para o empréstito de libros.
Na sesión anterior Víctor convidounos a xogar ao fútbol chapas da man dos libros Pioneiras e Pioneiras 2 de Anaír Rodríguez(Xerais). Podedes ver as imaxes na seguinte ligazón: