Este mércores 12 de marzo na Casa da Lectura teremos unha sesión chea de cores. Grazas aos contos Vivan as uñas de cores! de Alicia Acosta e Luis Amavisca, De que cor é un bico? de Rocío Bonilla e Colors de Hervé Tullet, experimentaremos a maxia que hai detrás da mestura de cores. E pode ser que nos manchemos un pouco as mans!
Lembrade que, como cada mércores, a biblioteca estará aberta de 17:30 a 18:00h para o empréstito de libros.
Na sesión anterior Anxo convidounos a formar parte do seu selecto club de ratos poetas cos contos: Frederik (Kalandraka), Honorato (Xerais) e Rato Tom e Rata Tomasa (OQO). Podedes ver as imaxes na seguinte ligazón: