O club de lectura compartida Lendo Contigo comeza unha nova tempada na compañía de María Canosa e a súa obra Rubicundo (Xerais), na que coñeceremos a un interesante personaxe e nos achegaremos ao mundo das hipóteses e da fantasía.
O club terá lugar o sábado 24 de outubro, ás 12:00 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar, e está dirixido a nenos e nenas de 7 a 11 anos e ás súas familias. Agardámosvos!