O Lendo Contigo comeza unha nova tempada acompañado de Fred Quincalla, o nómade do mar, e da súa autora, Teresa González Costa. Nesta historia, Leopolda Diéguez, narradora e facedora de artes máxicas e o Gran Gogol, cociñeiro e fuxitivo da inxustiza, fálannos sobre Fred Quincalla, un autómata moi especial que remata por se converter nunha auténtica lenda.
A sesión celebrarase na Casa da Lectura o sábado 28 de outubro ás 12:00h, e para ir abrindo apetito lector, presentámosvos a Luisiño, o booktuber do Lendo Contigo! Agardámosvos!!