A historia dos bonobos con lentes na Casa da Lectura

A sesión de dinamización lectora deste mércores, 13 de novembro, vai xirar arredor do conto A historia dos bonobos con lentes, un álbum sobre igualdade e coeducación que, malia ser un clásico, segue aínda moi vixente. Eles comían, viaxaban e modernizábanse mentres elas recolectaban comida e criaban a prole. Pero os bonobos non aceptaban que as bonobas tamén puidesen aprender e evolucionar…

A cita é na Casa da Lectura a partir das 18:00 horas. Media hora antes xa estaremos abertos para préstamo e consulta de libros.

A semana pasada, a música e a poesía apropiáronse da Casa. Estas son algunhas das imaxes. Nos próximos días, subiremos tamén algún vídeo.